O Servizo de Xuventude, organiza unha nova edición da actividade Arteixo no Mar, unha proposta de ocio activo pensada para a mocidade que ofrece formación e práctica en deportes náuticos como vela, kayak e paddle surf.
A actividade desenvolverase en dúas quendas: a primeira os días 29, 30 e 31 de xullo e a segunda os días 11, 12 e 13 de agosto, en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 horas.
O custo da actividade é de 12,50 € para persoas menores de idade e 25 € para maiores de idade. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.
O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 18 de xullo, e deberase formalizar a través deste formulario en liña
A listaxe de persoas admitidas publicarase o 21 de xullo, e o pago da actividade poderá realizarse entre os días 22 e 24 de xullo.
Para máis información, pódese contactar co Servizo Municipal de Xuventude no teléfono 981 659 133.