Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > «Balneario Visión» ten o mellor escaparate do Nadal en Arteixo

/ «Balneario Visión» ten o mellor escaparate do Nadal en Arteixo

Balneario Visión é, según o xurado, o mellor escaparate do Nadal 2025 unha vez rematada a valoración de todos os establecementos que concorreron a esta nova edición desta tradicional cita. Como gañador recibe un premio de 1.000€

O segundo premio, dotado con 800€, foi para O lar das Flores mentres que Arteixo Láser  recibe, como terceiro clasificado, un premio de 500€

O concurso tamén outorga un premio á orixinalidade, dotado con 450€, que nesta ocasión fou para Mira Home

A votación popular decidiu que o mellor escaparate é o da Despensa que Pensa que recibe un premio de 900€

O resultado da votación popular pódese comprobar neste enlace