Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > “Chicas Nuevas 24H” do 1 ao 15 de decembro na sala de exposicións do centro cívico Manuel Murguía

/ “Chicas Nuevas 24H” do 1 ao 15 de decembro na sala de exposicións do centro cívico Manuel Murguía

FINANCIADO POR:

/ “Chicas Nuevas 24H” do 1 ao 15 de decembro na sala de exposicións do centro cívico Manuel Murguía

FINANCIADO POR:

A Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía acolle do 1 ao 15 de decembro a mostra “Chicas Nuevas 24H”, un proxecto dirixido por Mabel Lozano que afonda na realidade da trata e da explotación das mulleres. A exposición, promovida e coordinada en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) de Arteixo, ofrecerá ao público un percorrido divulgativo e de sensibilización arredor desta problemática social.

Como actividade complementaria, o 11 de decembro ás 17:30 horas terá lugar un visionado do documental “Chicas Nuevas 24H”, tamén dirixido por Lozano, no propio CCC Manuel Murguía. A proposta está recomendada para persoas maiores de 14 anos.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar desta iniciativa, que combina cultura, reflexión e conciencia social. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co CIM Arteixo no teléfono 981 601 415.