Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

CULTURA

INICIO > SERVIZOS > CULTURA

Presentación

A Concellaría de Cultura e Festas ten a súa sede no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Este servizo encárgase da programación cultural e festiva municipal para procurar o enriquecemento cultural da cidadanía e para preservar os festexos tradicionais do pobo. Os programas que se executan, relacionados na súa gran maioría, con épocas concretas do ano e dirixidos a todo tipo de públicos, pretenden a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Promover e difundir a cultura favorecendo o desenvolvemento integral dos cidadáns e da comunidade en xeral e mellorando as condicións das institucións culturais.
  • Conservar a memoria, as tradicións e o patrimonio material e inmaterial galego.
  • Difundir as artes escénicas e artísticas, a actividade festiva local e fomentar actividades de interese cultural e de ocupación do tempo de lecer.
  • Contribuír ao sostemento de asociacións e institucións que desenvolven a súa actividade no municipio e complementan a oferta cultural.
  • Fomentar a coordinación con organismos públicos e privados que participen de intereses comúns, mediante a sinatura de convenios.
  • Achegar e xestionar equipamentos para o goce da comunidade.
  • Recuperar e celebrar os festexos populares máis tradicionais.
  • Promocionar o folclore e a música popular.
  • Colaborar na realización de eventos festivos.

O Concello de Arteixo está integrado en diversas redes e circuítos de programación doutras administracións e entidades, como a Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia (Agadic) ou a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Centro

INFORMACIÓN CULTURAL

Os interesados e interesadas en recibir información sobre a programación cultural do Concello de Arteixo poden cubrir o Impreso de solicitude que se pode descargar nesta mesma sección e entregalo no SM de Cultura.

Ligazóns

Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic)
Rede Cultural da Deputación

Subvencións culturais

A Concellaría de Cultura e Festas conta cunha liña de axudas para apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades culturais, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura. (descargar documentos adxuntos).

Protocolo para asistir á verbena piloto que protagonizan Los Satélites o día 19

A Policía Local da a coñecer o protocolo de seguridade que se establece con motivo da verbena piloto que a Xunta de Galicia organiza en Arteixo o pròximo 19 de xuño e que protagonizará a orquestra Los Satélites.

Entre outras medidas non se poderán consumir alimentos nin bebidas no recinto, e tamén estará prohibido fumar.

As portas abrirán ás 19.30 h e está previsto que a verbena finalice ás 23 h. Só accederán aqueles que estén incluídos na listaxe da porta e será obrigatorio o uso de máscara cirúrxica ou FP2.

Habilitarase unha zona de aseos no campo de fútbol.

Protocolo Seguridade Verbena

O humor de Avelino González visita o Centro Cívico de Arteixo

Avelino González, coñecido polas súas aparicións en series como Serramoura, Pazo de Familia ou Seis Hermanas, entre outras, visita hoxe Arteixo dentro do programa da Concellería de Cultura “Primavera Expandida”.

O actor trae ao auditorio do centro cívico o seu espectáculo de monólogos e contos titulado “Contos que foron chistes”

Será ás 20.30 h. As entradas póñense á venda entre 11.30 e 13.30 h e dúas horas antes do comezo da actuación. Pódense adquirir por 3€ ou 2,25€ en prezo reducido.

Ir al contenido