Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Carteleira de inverno - Xaneiro, Febreiro e Marzo 2022

/ Carteleira de inverno – Xaneiro, Febreiro e Marzo 2022

A Cultura non para! Coa chegada do novo ano estreamos nova programación: CARTELEIRA DE INVERNO 2022, que comeza o 7 de xaneiro e remata o 18 de marzo.

Unha gran variedade de espectáculos para todos os públicos ocuparán as noites dos venres do Auditorio de Arteixo con audiovisuais, danza, teatro, maxia e humor da man de grandes artistas da escena galega como Manuel Manquiña e Víctor Fábregas, compañías que son referentes do teatro en Galicia, como Teatro do Atlántico, e bailarinas de danza contemporánea cunha intachable traxectoria profesional como Marta Alonso Tejada. En representación da escena española contamos cunha compañía de Sevilla, Atalaya, que nos traerá a súa peculiar versión dun clásico, «A Celestina«. E como punto transgresor teremos a Davide González en «Microspectivas dun marica millennial» galardoada con 2 premios María Casares (mellor texto orixinal e mellor actor protagonista). Compartirá cartel cos seus compañeiros de Incendiaria en «A lúa vai encuberta«. O mago Xacobe e as compañías Trémola Teatro e Pedras de Cartón farán as delicias da xente miúda da casa.

Comezamos o venres 7 de xaneiro con «Monkey«, unha peza audiovisual de 17 minutos de duración dirixida por Xosé Zapata e Lorenzo Degl´Innocenti seleccionada en máis de 12 festivais internacionais. Conta cunha animación aos Premios Goya como mellor curtametraxe de animación. Ademais, completa o pase unha exposición na que se fará un percorrido polos diferentes procesos de animación que se poderá visitar na sala de exposicións do CCC de Arteixo ata o 18 de xaneiro.

«1588. Un náufrago da Armada Invencible enviada por Felipe II desde Lisboa para conquistar Inglaterra é capturado nunha praia de Irlanda. Alí é xulgado, declarado culpable e aforcado ata a súa morte. Todo sería moi razoable seguindo as leis da guerra e o odio entre os seres humanos, o problema é que o prisioneiro é un mono.»

· Descargar Carteleira de Inverno 2022

Ir al contenido