Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Bases da 31ª edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo

/ Bases da 31ª edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo

Xa podes consultar AS BASES, que na súa versión completa están dispoñíbeis no seguinte enlace, pretenden, por 31º ano, contribuír ao desenvolvemento da narrativa e honrar o noso Patriarca:

 

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte, deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
  • O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2022.
  • Non se admitirá máis de unha obra por autora.
  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2022.
  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día 20 de maio de 2022 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.
  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.
Ir al contenido