Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O Concello finaliza os trámites urbanísticos necesarios para a aprobación final do proxecto de urbanización da UA 8, fronte á residencia de maiores, que supón a apertura dunha nova vía de dobre dirección.

O novo espazo terá aparcamentos a ambos lados e conectará as rúas Ría de Vigo e Camiño dos Cabalos. Tamén suporá a ampliación da rúa de Os Baños na que non hai beirarrúas e bastante estreita.

O trámite estará no BOP nos próximos días e elevaranse a público, ante notario, tras ser aprobada a súa resolución correspondente.

O obxectivo deste proxecto é mellorar o tránsito peonil e de vehículos. Crearanse 131 novas prazas de aparcamento e urbanizarase a zona, actualmente un descampado e un camiño de terra, coa ampliación de zonas verdes e de equipamentos con un total de 2.000 m2. .

Ángel Monteoliva, arquitecto encargado da elaboración do proyecto explica que co mesmo «preténdese desenvolver uns terreos integrados no casco urbano, conformando o ámbito da UA8, clasificado como solo urbano non consolidade, coa fin da conclusión do sistema viario, actualmente inacabado, e da trama residencial, así como a consecuci´pn dunha zona de espazo libre que sirva de esparexemento á poboación, así como unha parcela para dotacións. A solución aportada no proxecto de urbanización contempla a execución dun novo viario que forma a estrutura xeral da trama viaria e conecta a Rúa de Vigo co Camiño dos Cabalos, tendo conexión coa Rúa Río Miño».

As obras costarán 689.000 euros e como explica o proxecto de urbanización «proxéctase un novo vial denominado Rúa A que enlaza a rúa Camiño dos Cabalos con Ría de Vigo e na que resólvese a conexión das rúas Domingo Andrade e Rúa Pedro de Monteagudo, e complétase o viario da Rúa Río Tambre e Rúa Baños. O ancho total da calzada de circulación da nova rúa e Rúa Baños é de 13 m, cun vial de dobre sentido de 3,25m para cada carril, aparcamento en liña cun ancho de 2,50 m nun dos dous sentidos e un ancho de acera de 2 m a ambos lados.

Aprobación definitiva

Memoria

 

 

Ir al contenido