No marco do centenario do pasamento de Don Manuel Murguía, aclamado patriarca das nosas letras, o Concello de Arteixo convoca o seu certame literario anual, que se rexerá polas Bases publicadas no B.O.P. número 198 do 17 de outubro de 2023, e que pasamos a resumir:
- Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
-
Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán tamén ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
-
Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
-
O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2.024.
-
Non se admitirá máis de unha obra por autor/a. Deberá enviarse sen remite e facendo constar no sobre “33º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” ao seguinte enderezo:
Concello de Arteixo
Praza Alcalde R Dopico nº 1
15142 Arteixo
A Coruña -
Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
-
A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.
-
O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable o 10 de maio de 2024. Adoptará os acordos por maioría de votos e reservarase o dereito de declarar desertos todos ou algúns dos premios se as obras presentadas non reuniran os méritos suficientes.
Os tres finalistas deberán estar presentes o día 10 de maio de 2.024 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.