Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Xuventude propón un verán cargado de actividades

/ Xuventude propón un verán cargado de actividades

Rutas a cabalo, cociña, lettering, actividades no mar ou lettering. Son as propostas do departamento de xuventude para este verán de 2023.

As personas interesadas poden presentar a súa inscrición entre o 12 e o 22 de xuño na oficina do Departamento de Xuventude e Participación Cidadá ( Servizo Municipal de Deportes ), en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou enviar á dirección participacion.cidada@arteixo.org  Tamén pode realizarse a inscrición a través deste formulario

No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

Sorteo público: 26de xuño ás 9:00 h. no Pazo dos Deportes de Arteixo

Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do día 27 de xuño na páxina web municipal.

Prazo de matrícula e pago : As persoas admtidas terán un prazo do 28 AO 30 DE XUÑO para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Departamento de Xuventude e Participación Cidadá . No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberá achegarse recibo de pagamento.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual

Ir al contenido