Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Xurxo Souto exercerá de mestre de cerimonias na entrega do XXX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

INICIO > Xurxo Souto exercerá de mestre de cerimonias na entrega do XXX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

O acto terá lugar o próximo 14 de maio ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo

Setenta orixinais presentáronse á XXX Edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. O próximo venres, 14 de maio, danse a coñecer os gañadores.

O xurado, composto por Álex Mene Pazos (terceiro premio na 29ª edición), Beatriz Maceda Abeleira (escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Inma Otero Varela (crítica representante da Asociación Galega da Crítica) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (neste caso por orde alfabética de título):

A caverna de Lara, presentado baixo o lema “Moura do Bosque”

As orfas daquel verán, presentado baixo o lema “Maggie Moon”

Xanelas, presentado baixo o lema “Rosalía Pousada”

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 2000 € para o segundo e 1000 € para o terceiro. Aumentan, por tanto, o segundo premio en 500 € e o terceiro en 400 €.

A organización agradece de novo as colaboracións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica para a constitución do xurado, o que non deixa de consolidar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.

O acto de entrega contará coa actuación musical de Xurxo Souto, quen ademais conducirá o acto. O evento incluirá tamén unha lembranza da figura de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Previamente inaugurase o Paseo das Letras, unha homenaxe a todos/as as persoas gañadoras destes 30 anos de galardón mediante a súa propia placa conmemorativa; tamén será plantada unha árbore, como vén sendo habitual en cada aniversario. Por outra parte, aquelas que acudan ao evento poderán desfrutar dunha escultura de Dores Polo e Benito Freire situada perante a fachada do Centro Cívico Cultural de Arteixo, que foi instalada o pasado 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do Certame de narracións breves Manuel Murguía.

 

Ir al contenido