Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Xa coñecemos os finalistas da XXXIV Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía

/ Xa coñecemos os finalistas da XXXIV Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía

«A expedición Reybolds e a tribo dos tul’ati» de Héctor Cajaraville; «Bum» de Nerea Pallares e «Ser amábel» de Inmaculada Núñez son os finalistas da edición do certame de narracións breves Manuel Murguía que alcanza, neste 2025, a súa trixésimo cuarta edición.

O xurado, reunido o 26 de abril de 2025 ás 10.30 horas en dependencias do Concello de Arteixo, decidiu por unanimidade nomear estes tres finalistas. Os premios, que se coñecerñan durante a cerimonia que se celebrará o 16 de maio ás 19.30h no auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo, ascenden a 4.000€ para o primeiro; 2.000€ para o segundo e 1.000€ para o terceiro. En todos os casos inclúese ademáis a edición da obra.

No acto de entrega contaremos coa presenza do xurado, quen fará unha valoración sobre as obras premiadas así como sobre a presente edición do Certame.

No mesmo acto presentarase a publicación A garza alucinada, volume que integra os relatos gañadores nas edicións dos anos 2022-2024 e contarase coa actuación estelar da Escola de Música Tradicional da A. X. Xiradela.

Ir al contenido