Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Vela, paddle surf, lettering ou skate entre as actividades de verán que oferta o Departamento de xuventude

/ Vela, paddle surf, lettering ou skate entre as actividades de verán que oferta o Departamento de xuventude

A Concellaría de deportes, xuventude e participación cidadá, propón para a mocidade de Arteixo diferentes actividades de ocio para este verán: kayak, vela, paddle surf, lettering, danzas urbanas, skate e unha saída de fin de semana ao Parque » Pena Aventura » en Portugal.

O Prazo de inscrición é do 8 ao 22 de xuño

Os interesados deberán formalizar o impreso inscrición na oficina do Departamento de Xuventude e Participación Cidadá e entregalo presencialmente , en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) Tamén poden envialo  á dirección participacion.cidada@arteixo.org. ou a través deste formulario .

No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

Sorteo público:27de xuño ás 9:00 h. no Pazo dos Deportes de Arteixo

Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do día 28 de xuño na páxina web municipal.

Prazo de matrícula e pago : As persoas admtidas terán un prazo do 28 de xuño ao 04 de xullo para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Departamento de Xuventude e Participación Cidadá . No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberá achegarse recibo de pagamento.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal

Máis información no 981 659 133

Ir al contenido