O Servizo Municipal de Deportes comunica as prazas vacantes nas escolas deportivas municipais para o vindeiro curso 2021/2022. A continuación lembramos que para solicitar as prazas vacantes deberase seguir o seguinte procedemento:
NOVAS INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto
o O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
o No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
Exposición de persoas preinscritas: 20 de agosto na páxina web municipal.
Sorteo público: 24 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 27 de agosto na páxina web municipal.
Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (30 de agosto ao 15 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 1 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/cidadania/ovt/pagos-online/).
Prazas vacantes escolas deportivas
FASE | Prazo | Lugar | Horario |
Solicitude prazas vacantes (preinscrición) | 1 – 15 de agosto | No Servizo Municipal de Deportes con cita previa | 09.00 – 14.00 h |
Exposición de persoas preinscritas | 20 de agosto | ||
Sorteo público | 24 de agosto | Pazo dos Deportes | 11.00 h |
Exposición listaxe de persoas admitidas | 27 de agosto | www.arteixo.org | |
Matrícula | 30 agosto – 15 setembro | No Servizo Municipal de Deportes con cita previa | 09.00 – 14.00 h |
Inscrición libre | A partir do 1 de outubro | No Servizo Municipal de Deportes con cita previa | 09.00 – 14.00 h |
NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:
– Obriga de solicitar cita previa. O alumnado deberá solicitar cita previa antes de acudir ao Servizo Municipal de Deportes
– Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
o A través de web municipal: https://arteixo.org/tramites/cita-previa/
o A través de chamada telefónica: 981659180 / 981659172 (De luns a venres, en horario de atención ao público de 09:00 a 14:00 horas)
– Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
– Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
– No momento de espera para acceder á instalación deberase gardar a distancia obrigatoria de 1,5 metros.
– E obrigatorio levar máscara en todo momento.