Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Unha semana de actividades contra a violencia machista

/ Unha semana de actividades contra a violencia machista

/ Unha semana de actividades contra a violencia machista

Arteixo adica o mes de novembro á loita contra a violencia machista con actividades dirixidas a todos os sectores da sociedade.

A Concelleira de Igualdade, Inés Ramos, sinala que o obxectivo é sensibilizar á poboación no seu conxunto sobre a violencia contra as mulleres na sociedade e no concello de Arteixo.

Martes 22 de novembro

  • Hai saída grazas a ti”.

Encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero con especial énfase na mocidade, e que se realizará co alumnado do IES de Sabón.

Este encontro está enmarcado nas actuacións da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero subvencionada pola secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Mércores 23 de novembro:

  • Ciberquedada sobre violencias dixitais.

Co obxectivo de procurar a concienciación e a sensibilización en materia de violencia de xénero dixital, realizarase unha quedada en rede na que participarán, entre           diferentes centros educativos de outros concellos, o alumnado dos IES de Pastoriza e IES Manuel Murguía.

Actuación subvencionada pola Deputación de A Coruña, dentro da Campaña DE FRONTE contra a violencia de xénero.

Xoves 24 de novembro

  • Acto institucional contra a violencia de xénero.

Lectura do Manifesto ”Concellos Galegos polo bo trato” no Salón de Plenos do Concello nun acto público, aberto a toda a cidadanía.

Venres 25 de novembro

  • Iluminación da fachada do concello.

Procederase á iluminación en cor morada da fachada do concello como mostra do compromiso na loita contra a violencia machista. Con esta medida preténdese sensibilizar á poboación xeral sobre este tipo de violencia exercida sobre as mulleres.

  • “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”.

No centro cívico e cultural de Arteixo con entrada (3 e 2.25€) ás 20.30h

Esta obra invita a reflexionar sobre normas preestablecidas que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nos mesmas. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías de unha muller que se anima a probar algo diferente. Esta creación ten a intención de poñer luz sobre aquelo que está oculto, conmover e xerar espazos para a reflexión coa contundente ferramenta do humor.

Sábado 26 de novembro

  • IV Andaina contra a Violencia de Xénero Concello de Arteixo

A saída terá lugar ás 10.00 dende a Cuberta do campo das festas de Arteixo

Recorrido circular urbano duns 4 km polas rúas de Arteixo, rematamos cunha chocolatada e coas actuacións de Estíbaliz Veiga, actriz e monologuista; e Esther Souto, cantautora.

Dirixida ó público xeral cun percorrido que permite a participación de todo o mundo.

Entregarase un chuvasqueiro agasallo as 350 primeiras persoas inscritas. A entrega deste elemento realizarase o mesmo día da andaina entre as 09.00 e as 09.45.

Luns 19 de decembro

  • Formación Básica: introdución á perspectiva de xénero.

Dirixido a profesionais do tempo libre e voluntariado relacionados co Concello de Arteixo.

un percorrido por algúns conceptos básicos para comprender a orixe estrutural das Realizarase un percorrido polas desigualdades en base ao xénero e abordarase como podemos contribuír a mudalas dende a acción socio-educativa.

Este proxecto está subvencionado nun 80% pola Deputación da Coruña, cun importe de 14.140,84 euros, a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2022.  

 APP Conecta con-sentimento

Recordamos que está dispoñible esta aplicación para dispositivos Android, dirixida á xuventude para a abordaxe e detección de indicadores de abuso nas relacións de parella.

Ir al contenido