Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos > Igualdade > Colectivo LGTBI

/ Colectivo LGTBI

/ Colectivo LGTBI

O CIM como Recurso

O CIM como servizo que ofrece intervencións e informacións encamiñada a consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres, conta con unha serie de funcións relacionadas co colectivo LGTBI, tales como:

  • A difusión e sensibilización cidadá a cerca da necesidade da consecución da igualdade de dereitos e de integración social do colectivo LGTBI
  • A Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades, tanto no ámbito de xénero como para o colectivo LGTBI.
  • O Fomento do asociacionismo do colectivo LGTBI e de actividades encamiñadas a súa integración efectiva en todos os ámbitos da vida social e económica.

Ademais, funciona como unha canle de comunicación entre as persoas usuarias e os distintos organismos que teñan competencias en materia de muller e igualdade e atención e integración social do colectivo LGTBI.

Actos Conmemorativos: 28 de xuño

O día 28 de xuño celebrase o Día Mundial do Orgullo. Esta data ten a súa orixe nos disturbios de Stonewall, (28 xuño de 1969) un bar no neoiorquino barrio de Greenwich Village, un dos poucos sitios onde as persoas homosexuais e transexuais podían reunirse, xa que a homosexualidade estaba prohibida en moitas partes do mundo, e as persoas homosexuais non podían ter relacións consentidas de maneira visible, pois eran detidas, encerradas en cárceres ou levadas a clínicas mentais onde se lles sometía a tratamentos con electroshocks ou, mesmo, lobotomías.
“O día do Orgullo” celébrase para reafirmar o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e para visibilizar a súa presenza na sociedade e as súas reivindicacións

28 xuño

O día 28 de xuño celebrase o Día Mundial do Orgullo. Esta data ten a súa orixe nos disturbios de Stonewall, (28 xuño de 1969) un bar no neoiorquino barrio de Greenwich Village, un dos poucos sitios onde as persoas homosexuais e transexuais podían reunirse, xa que a homosexualidade estaba prohibida en moitas partes do mundo, e as persoas homosexuais non podían ter relacións consentidas de maneira visible, pois eran detidas, encerradas en cárceres ou levadas a clínicas mentais onde se lles sometía a tratamentos con electroshocks ou, mesmo, lobotomías.
“O día do Orgullo” celébrase para reafirmar o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e para visibilizar a súa presenza na sociedade e as súas reivindicacións.

Ir al contenido