O auditorio do Centro Cultural Manuel Murguía acolle o próximo venres 12 de abril a representación de «Invisibles», unha reflexión sobre o maltrato ás mulleres a través de sete testemuños reais.
Trátase dunha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas.
A cita, para maiores de 14 anos, será ás 20.30h e o acceso, con invitación. Pódense recoller online ou 1 hora antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo Manuel Murguía até completar a capacidade da sala.
O número de invitacións limitarase a 5 por persoa.