Arteixo conmemora con música o Día do Patrimonio Mundial Programa “Patrimonio GZ Sons” Será dentro das actividades programadas pola Concellería de Cultura o próximo 13 de Novembro.
Fransy González e Davide Salvado ofrcerán un concerto didáctico ás 12 h no Centro Cívico e Cultural.
O obxectivo é por en valora riqueza do patrimonio musical galego e difundir os procesoscreativos e de investigación.
As entradas, con invitación pódense recoller 1 h antes da función até completar a capacidade da salapermitida polas autoridades sanitarias.