Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia

/ Subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia

O Boletín Oficial da Provincia publica a aprobación das bases da convocatoria para a concesión de subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia para o ano 2022  que teñen por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños constituídas como tales, e con ámbito de actuación no Concello de Arteixo, co fin de colaborar co tecido asociativo municipal para o fomento de participación da cidadanía para o desenvolvemento de actividades de ocio e programas de participación e dinamización de interese xeral para a veciñanza, a través dos seguintes programas:

Bloque 1.–Programas e actividades que favorezan a participación entre a veciñanza.

Bloque 2.–Formación.

Beneficiarios/as.–Poderán ser beneficiarios de estas subvencións, as Asociacións de Veciños legalmente constituídas ou agrupacións de varias Asociacións de Veciños, que realicen as actividades obxecto das presentes bases e reúnan os requisitos esixidos nas mesmas.

Bases reguladoras.–A convocatoria realízase ao abeiro das as bases xerais reguladoras das subvencións para Asociacións de Veciños destinadas para o Fomento da Convivencia do Concello de Arteixo, vixentes publicadas no BOP n.º 213, do 8 de novembro de 2019.

Contía.–O importe da consignación presupostaria ascende 60.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 924.48903, do presuposto ordinario para o 2022.

Criterios de valoración.–As bases reguladoras conteñen os criterios de valoración, os criterios de adxudicación e o procedemento de concesión aplicables a cada programa de axudas.

Prazo de presentación.–O prazo de presentación iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e rematará un mes despois da súa publicación.

Prazo de xustificación.–O prazo para a presentación da xustificacións de subvencións rematará o 30 de novembro de 2022.

Ir al contenido