Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Subvencións para actividades e equipamentos culturais: prazo de presentación de solicitudes

/ Subvencións para actividades e equipamentos culturais: prazo de presentación de solicitudes

O Concello de Arteixo fai pública, tras a súa publicación no BOP Nº 163 do 28 de agosto de 2023, a convocatoria de subvencións para actividades e equipamentos culturais durante o 2023 ao abeiro das bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva que fora publicada no BOP Nº 215 do 16/12/2020.

O obxecto é apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades así como na adquisición de equipamentos para as programacións que desenvolvan en materia de cultura.

O prazo de solicitude finaliza o 27 de setembro de 2023.

As solicitudes poden facerse de forma telemática a través da sede electrónica ou de forma presencial no Servizo Municipal de Cultura no CCC de Arteixo en horario de 9:00-14:00 h. Atenderase sen cita previa por orde de chegada. Tamén pódese acudir a outros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.

Bases reguladoras.

Convocatoria.

Os/as interesados/as teñen que achegar a seguinte documentación:

Anexo 1. Solicitude de subvención

Anexo 2.Xustificación da subvención

Ir al contenido