Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Sorteo de prazas para as actividades extraescolares 22/23

/ Sorteo de prazas para as actividades extraescolares 22/23

O Pazo dos Deportes acolle este mércores 10 de agosto o sorteo de prazas para as actividades extraescolares. Será ás 11h.

Todas as persoas interesadas que participan no sorteo están neste documento

No caso dos grupos nos que o número de solicitudes supere o das plazas ofertadas, procederase á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido.

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do día 11 de agosto na páxina web municipal.

As persoas admitidas terán un prazo ( 16-26 de agosto) para formalizar a matrícula, e deberán entregar o xustificante de pagamento no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario procederase á anulación da praza.

O recibo de pagamento poderase solicitar de xeito presencial en horario de atención ao público ( de luns a venres de 9.00h a 14.00h) nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, ou a través das direccións de correo electrónco deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito.

De quedaren prazas libres seguirán facéndose inscricións directas a partir do día 1 de setembro.

O pago do prezo público pódese efectuar nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal

Ir al contenido