Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. Iso é o que propón «Smoke on the water», a cita cultural que pon en escena Ibuprofeno Teatro.
Será o venres 6 de maio ás 20.30 h no auditorio do centro cívico e como parte da programación deseñada pola concellería de cultura con motivo da XXXI Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía que se fallará o próximo 20 de maio.
Entradas 4 e 3€