Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

COMMEMORACIÓNS

INICIO > SERVIZOS > MULLER > COMMEMORACIÓNS

8 de marzo: día internacional da muller

A comezos do S. XX as condicións da clase obreira eran pésimas e as das mulleres aínda peores.

Discriminadas só por ser mulleres, as costureiras cobraban unha miseria, non se lles permitía amamantar ós seus fillos durante a xornada laboral, etc. O traballo doméstico facía que as xornadas foran aínda máis extenuantes.

Reclamaban a igualdade salarial, a disminución da xornada a 10 horas, un tempo para a lactancia e que se rematase co traballo infantil.

Por isto o 5 de marzo de 1908 puxéronse en folga 40.000 costureiras co enfrentamento do Goberno e empresarios. O 8 de marzo a Fábrica Sirtwood Cotton (EE.UU.) foi tomada pacificamente polas obreiras e o propietario prendeu lume ás instalacións, pechando as portas con candados.

Morreron 129 mulleres.

Día Internacional da Muller, Carta de Rigoberta Menchú

Este oito de marzo, Día Internacional da Muller, saúdo ás mulleres que en calquera lugar do mundo, co seu labor diario abren a brecha para a construcción de sociedades humanizadas, onde a intolerancia e a prepotencia que prevalece actualmente nas relacións humanas, sexa só unha triste lembranza.

Soñar con novas utopías, soñar cun futuro mellor, no que prevalezan as profundas raíces dunha nova ética, as relacións harmoniosas e respectuosas das diferencias e unha ampla perspectiva da unidade na diversidade, é válido e fermoso.

Sen embargo, soñar con ese futuro sen a participación ampla da ciudadanía en xeral e das mulleres en particular, é imposible. Por iso, resulta imprescindible continuar a traballar na creación dos espacios axeitados para que todo o potencial que as mulleres están en plena capacidade de achegar, sexa aproveitado pola humanidade no seu conxunto.

A profunda crise de valores que vivimos, esixe esforzos de toda a sociedade para encontrar solucións e alternativas no mellor da riqueza das diferentes culturas, e neste sentido, sendo a muller unha gran portadora e transmisora da cultura de xeración en xeración, resulta fundamental o seu papel.

A construcción, consolidación e permanencia da democracia esixe, hoxe máis ca nunca, loitar por erradicar das nosas sociedades as práticas discriminatorias e excluíntes cara ás mulleres, indíxenas, loitando pola súa plena igualdade de dereitos, restituíndo a súa dignidade lesionada.

É dicir, para a construcción da igualdade, o desenvolvemento e a paz, é necesaria a unidade das mulleres e o recoñecemento, a promoción, defensa e respecto dos seus dereitos e valores.

Desexo reiterar que unha nova educación na que os conceptos tolerancia, respecto e convivencia harmónica estean presentes, deben constituí-la base para contribuír a reconstruí-las relacións de igualdade, para o logro do desenvolvemento equitativo e a paz sociais.

Gardo a esperanza en que a celebración do Día Internacional da Muller, contribúa á reflexión e á busca dos mecanismos axeitados para que en calquera lugar do mundo se acade a erradicación das distintas formas de discriminación e abusos cara as mulleres, empeñadas a contracorrente no logro da súa plena igualdade de dereitos

Rigoberta Menchú

25 de novembro: Día da non violencia contra as Mulleres

O 25 de novembro foi declarado “Día Internacional Contra a Violencia cara ás mulleres”, no primeiro encontro feminista de Latinoamérica, que se celebrou en Bogotá en xullo de 1981. Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero en tódolos ámbitos da sociedade, os malos tratos e os asasinatos no fogar, as violacións, o acoso sexual e a violencia en xeral cara as mulleres. Escolleuse ese día para non esquecer o asasinato das irmáns Mirabal en 1960.

¿Quén son as irmáns Mirabal?

As irmáns Mirabal, Minerva, Mº Teresa e Patria, eran fillas do matrimonio Mirabal Reyes, familia distinguida e poderosa da República Dominicana. En 1949, Minerva e os seus pais, invitados polas máximas autoridades da súa provincia, asistiron a unha festa ofrecida en Santiago no Palacio da Gobernación en honor ao dictador Trujillo, que marcaría o comezo do rumbo tráxico para toda a familia: Trujillo coñeceu a Minerva Mirabal e sentiuse atraído pola súa beleza. Foi rexeitado por Minerva en numerosas ocasións.

A partir deste momento, foi montado sobre a familia Mirabal, e sobre todo, sobre Minerva e as súas relacións, un riguroso espionaxe, do que Trujillo en persoa era informado permanentemente. Encontrándose a dictadura nunha fase represiva xeral o 18 de maio, Minerva e Mº Teresa, foron apresadas, e sometidas á xustiza por “atentar contra a seguridade do Estado” e condenadas a cinco anos de cárcere. O 25 de novembro de 1960, Minerva e María Teresa, partiron cara Puerto Plata, rumoreábase que poderían sufrir un accidente…

Ir al contenido