Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos > Igualdade > Sensibilización e prevención

/ Sensibilización e prevención

/ Sensibilización e prevención

No caso da violencia contra as mulleres a sensibilización é necesaria para que este fenómeno non permaneza oculto, que se coñezan e entendan as súas causas e que cada persoa tome un papel activo de maneira tanto a nivel individual como a nivel colectivo en combatela.

Previr significa evitar que ocorra. No proceso para conseguir o cambio necesario a través da prevención, a información e a sensibilización son pasos imprescindibles. Na prevención, a liña de actuación pasa necesariamente pola educación e a formación. Trátase de educar para a adquirir os coñecementos, valores, actitudes e competencias que eviten a desigualdades e violencias futuras.

Vídeos e Material Gráfico

Ver contido

Apps

Conecta CON-sentimento

Esta proba está dirixida a mozas e adolescentes, e permitirache coñecer o tipo de relación que tes ou imaxinas ter, en base a unha serie de afirmacións ás que debes responder. Ao final, poderás saber se a túa relación é sa ou se, pola contra, mostra signos dunha relación tóxica e abusiva.

Outras Apps

AlertaCops

Canle discreta e eficaz para solicitar axuda das FFCCSE ante calquera feito do que sexas vítima ou testemuña. Entre as súas principais funcionalidades destacan:

Chat: contacta a través do chat, envía fotos e vídeos e obterás unha resposta inmediata desde o centro de Policía ou Garda Civil máis próximo á túa posición.

AgresiónOFF

Trátase dunha App institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e consellos para evitar e previr agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para maior apoio e información.

GoogleMaps

Compartir localización
Compartir a localización cun usuario que ten unha conta de Google

  1. Se aínda non o fixeches, engade a súa dirección de Gmail a Contactos de Google .
  2. No teu teléfono ou tablet Android, abre a aplicación Google Maps e inicia sesión.
  3. Toca a túa imaxe de perfil ou inicial > Compartir localización > Compartir con alguén .
  4. Selecciona durante canto tempo queres compartir a túa localización.
  5. Toca o perfil da persoa coa que queiras compartir a localización.
      • Se se che solicita, permite que Google Maps acceda aos teus contactos.
  6. Toca Compartir.
Compartir localización
Compartir a localización cun usuario que ten unha conta de Google

  1. Se aínda non o fixeches, engade a súa dirección de Gmail a Contactos de Google .
  2. No teu iPhone ou iPad, abre a aplicación Google Maps e inicia sesión.
  3. Toca a túa imaxe de perfil ou inicial > Compartir localización > Compartir con alguén .
  4. Selecciona durante canto tempo queres compartir a túa localización.
  5. Toca Elixir persoas.
      • Se se che solicita, permite que Google Maps acceda aos teus contactos.
  6. Elixe a unha persoa.
  7. Toca Compartir.

A persoa que elixises verá que compartiches a túa localización con ela.

WhatsApp

Compartir localización
Compartir a túa localización en tempo real

  1. Debes activar os permisos de localización para WhatsApp. Para facelo, no teu teléfono, ve a Axustes > Aplicacións> WhatsApp > Permisos > Localización e activa WhatsApp. Podes elixir entre Permitir só coa app en uso, Preguntar sempre e Non permitir.
  2. Abre un chat individual ou de grupo.
  3. Toca o ícono > Localización > Compartir localización en tempo real.
  4. Selecciona canto tempo queres compartir a túa localización en tempo real. A túa localización en tempo real deixarase de compartir transcorrido o prazo que elixas.
      • De maneira opcional, podes engadir un comentario.
  5. Pulsa o ícono .
Compartir localización
Compartir a túa localización en tempo real

  1. Debes activar os permisos de localización para WhatsApp. Para facelo, no teu teléfono, ve a Configuración e pulsa Privacidade > Servizos de localización > WhatsApp > Sempre. Tamén podes ir a Configuración do teu teléfono > WhatsApp > Localización > Sempre.
  2. Abre un chat individual ou de grupo.
  3. Pulsa o ícono de ajuntar  > Localización > Localización en tempo real.
  4. Selecciona canto tempo queres compartir a túa localización en tempo real. A túa localización en tempo real deixarase de compartir transcorrido o prazo que elixas.
      • De maneira opcional, podes engadir un comentario.
  5. Pulsa o ícono .

Programas Educativos

Formación persoal do Concello

Curso igualdade de oportunidades para persoal municipal e político do Concello de Arteixo.

Obradoiros de novas masculinidades

Centros educativos

Dirixido a tódolos centros do Concello de Arteixo.
Programa de sensibilización sobre igualdade e a prevención da violencia de Xénero.

Ir al contenido