Nesta páxina
O CIM como Recurso
O CIM como servizo que ofrece intervencións e informacións encamiñada a consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres, conta con unha serie de funcións relacionadas co colectivo LGTBI, tales como:
- A difusión e sensibilización cidadá a cerca da necesidade da consecución da igualdade de dereitos e de integración social do colectivo LGTBI
- A Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades, tanto no ámbito de xénero como para o colectivo LGTBI.
- O Fomento do asociacionismo do colectivo LGTBI e de actividades encamiñadas a súa integración efectiva en todos os ámbitos da vida social e económica.
Ademais, funciona como unha canle de comunicación entre as persoas usuarias e os distintos organismos que teñan competencias en materia de muller e igualdade e atención e integración social do colectivo LGTBI.
Actos Conmemorativos: 28 de xuño
O día 28 de xuño celebrase o Día Mundial do Orgullo. Esta data ten a súa orixe nos disturbios de Stonewall, (28 xuño de 1969) un bar no neoiorquino barrio de Greenwich Village, un dos poucos sitios onde as persoas homosexuais e transexuais podían reunirse, xa que a homosexualidade estaba prohibida en moitas partes do mundo, e as persoas homosexuais non podían ter relacións consentidas de maneira visible, pois eran detidas, encerradas en cárceres ou levadas a clínicas mentais onde se lles sometía a tratamentos con electroshocks ou, mesmo, lobotomías.
“O día do Orgullo” celébrase para reafirmar o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e para visibilizar a súa presenza na sociedade e as súas reivindicacións
28 xuño
O día 28 de xuño celebrase o Día Mundial do Orgullo. Esta data ten a súa orixe nos disturbios de Stonewall, (28 xuño de 1969) un bar no neoiorquino barrio de Greenwich Village, un dos poucos sitios onde as persoas homosexuais e transexuais podían reunirse, xa que a homosexualidade estaba prohibida en moitas partes do mundo, e as persoas homosexuais non podían ter relacións consentidas de maneira visible, pois eran detidas, encerradas en cárceres ou levadas a clínicas mentais onde se lles sometía a tratamentos con electroshocks ou, mesmo, lobotomías.
“O día do Orgullo” celébrase para reafirmar o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e para visibilizar a súa presenza na sociedade e as súas reivindicacións.