Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos > Igualdade

/ Igualdade

/ Igualdade

¿Qué é o CIM?

O CIM (Centro de Información ás Mulleres) é un servizo de balde para atender as demandas das mulleres do Concello de forma personalizada e confidencial. Ofrece:

  • Información sobre recursos sociais.
  • Asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Orientación profesional e sociolaboral.
  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Atención específica a fillos e fillas e ás persoas menores ou maiores dependentes da muller vítima de violencia de xénero.
  • Atención a muller pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social ( mulleres estranxeiras, … ).
  • Actividades de dinamización e tempo libre.
  • Formación en igualdade e prevención de violencia.
  • Información e asesoramento ao colectivo de persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (en diante colectivo LGTBI), tanto individualmente como ás asociacións e federacións que o demanden.

    Principios de actuación

    • Anonimato e respecto á vontade das usuarias.
    • Gratuidade.
    • Confidencialidade.
    • Coordinación cos servizos sociais comunitarios e demais servizos municipais.
    • Colaboración coas demais administracións públicas.

      Violencia contra a muller

      • A través do CIM o Concello presta durante todo o ano servizos de atención e asesoramento específico dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.
      • Información nos trámites de denuncia.
      • Información e xestión de aloxamento alternativo (casa de acollida).
      • Información e tramitación de prestacións propias do concello ou doutros organismos.
      • Información e tramitación do servizo telefónico de Atención e Protección (ATENPRO) para vítimas de violencia de xénero da Cruz Vermella.

      Recursos do CIM

      O CIM conta cunha:

      • Directora Psicóloga.
      • Traballadora Social.
      • Avogada.
      • Psicóloga infantil.
      • Axente de igualdade.

        Desde aquí préstanse os seguintes servizos

        Atención social

        • Atención directa ás persoas que acoden ao CIM (persoal ou telefónica).
        • Informar, valorar e orientar sobre os recursos sociais existentes e, especificamente, ás mulleres que sofren violencia de xénero.
        • Atención ás fillas e fillos e ás persoas menores ou maiores dependentes delas..
        • Xestión e trámite de prestacións, aloxamento alternativo, vivenda, etc.
        • Orientación profesional e sociolaboral.

          Atención psicolóxica

          • Asistencia e orientación ante problemas de parella.
          • Apoio e asesoramento en caso de violencia de xénero.
          • Apoio psicolóxico ás súas fillas e fillos.

            Atención xurídica

            Información e asesoramento sobre:

            • Dereito de familia: separación, divorcio, pensión de alimentos, custodia, réxime de visitas, etc.
            • Dereito penal: malos tratos, denuncias, lesións, inxurias…
            • Dereito civil: vivenda, herdanzas, etc.
            • Dereito laboral: permisos de maternidade/paternidade, contratación e despedimentos, acoso sexual, etc.
            • Xustiza gratuíta.

            Dereitos das Mulleres que sofren violencia de xénero

            Sobre información de trámites ou actuacións legais

            • Dereito á información.
            • Dereito a asistencia integral.
            • Dereito a asistencia xurídica gratuíta, inmediata e especializada.
            • Dereitos laborais.
            • Dereitos en materia de emprego e para a inserción laboral.
            • Dereitos económicos.
            • Dereito a vivenda.
            • Dereito a escolarización inmediata.
            • Dereito ao cambio de apelidos ou de identidade

            Sobre a atención e trato recibido

            • Teño dereito.
            • A que se me trate con respecto e dignidade.
            • A ser tratada con empatía.
            • A que se respecten os meus tempos.

            Actividades

            Desde o Cim organízanse diferentes actividades: conferencias, encontros, actos conmemorativos e xornadas sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade, tanto no relacionado co xénero como coa temática da diversidade sexual.

            Ciclo de saúde

             

             

             

             

             

            Defensa Persoal Feminina

            Mullereando

            Entre Mulleres

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

            Conmemoracións

            A celebración de actos conmerativos ocupa un lugar relevante nas actividade do CIM co obxectivo de visibilizar as diferentes situacións: a aportación das mulleres nos distintos ámbitos, e a visibilización da realidade da violencia de xénero, entre outras.

            8M

            ¿ Por qué se celebra el 8 Marzo?

            O Día Internacional da Muller é unha data que se conmemora en moitos países do mundo. Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

            8 de marzo: día internacional da muller

            A comezos do S. XX as condicións da clase obreira eran pésimas e as das mulleres aínda peores.

            Discriminadas só por ser mulleres, as costureiras cobraban unha miseria, non se lles permitía amamantar ós seus fillos durante a xornada laboral, etc. O traballo doméstico facía que as xornadas foran aínda máis extenuantes.

            Reclamaban a igualdade salarial, a disminución da xornada a 10 horas, un tempo para a lactancia e que se rematase co traballo infantil.

            Por isto o 5 de marzo de 1908 puxéronse en folga 40.000 costureiras co enfrentamento do Goberno e empresarios. O 8 de marzo a Fábrica Sirtwood Cotton (EE.UU.) foi tomada pacificamente polas obreiras e o propietario prendeu lume ás instalacións, pechando as portas con candados.

            Morreron 129 mulleres

            Día Internacional da Muller, Carta de Rigoberta Menchú

            Este oito de marzo, Día Internacional da Muller, saúdo ás mulleres que en calquera lugar do mundo, co seu labor diario abren a brecha para a construcción de sociedades humanizadas, onde a intolerancia e a prepotencia que prevalece actualmente nas relacións humanas, sexa só unha triste lembranza.

            Soñar con novas utopías, soñar cun futuro mellor, no que prevalezan as profundas raíces dunha nova ética, as relacións harmoniosas e respectuosas das diferencias e unha ampla perspectiva da unidade na diversidade, é válido e fermoso.

            Sen embargo, soñar con ese futuro sen a participación ampla da ciudadanía en xeral e das mulleres en particular, é imposible. Por iso, resulta imprescindible continuar a traballar na creación dos espacios axeitados para que todo o potencial que as mulleres están en plena capacidade de achegar, sexa aproveitado pola humanidade no seu conxunto.

            A profunda crise de valores que vivimos, esixe esforzos de toda a sociedade para encontrar solucións e alternativas no mellor da riqueza das diferentes culturas, e neste sentido, sendo a muller unha gran portadora e transmisora da cultura de xeración en xeración, resulta fundamental o seu papel.

            A construcción, consolidación e permanencia da democracia esixe, hoxe máis ca nunca, loitar por erradicar das nosas sociedades as práticas discriminatorias e excluíntes cara ás mulleres, indíxenas, loitando pola súa plena igualdade de dereitos, restituíndo a súa dignidade lesionada.

            É dicir, para a construcción da igualdade, o desenvolvemento e a paz, é necesaria a unidade das mulleres e o recoñecemento, a promoción, defensa e respecto dos seus dereitos e valores.

            Desexo reiterar que unha nova educación na que os conceptos tolerancia, respecto e convivencia harmónica estean presentes, deben constituí-la base para contribuír a reconstruí-las relacións de igualdade, para o logro do desenvolvemento equitativo e a paz sociais.

            Gardo a esperanza en que a celebración do Día Internacional da Muller, contribúa á reflexión e á busca dos mecanismos axeitados para que en calquera lugar do mundo se acade a erradicación das distintas formas de discriminación e abusos cara as mulleres, empeñadas a contracorrente no logro da súa plena igualdade de dereitos.

            25 Novembro

            ¿ Por qué se celebra el 25 de Noviembre?

            O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller no Primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
            Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

            ¿Quén son as irmáns Mirabal?

            As irmáns Mirabal, Minerva, Mº Teresa e Patria, eran fillas do matrimonio Mirabal Reyes, familia distinguida e poderosa da República Dominicana. En 1949, Minerva e os seus pais, invitados polas máximas autoridades da súa provincia, asistiron a unha festa ofrecida en Santiago no Palacio da Gobernación en honor ao dictador Trujillo, que marcaría o comezo do rumbo tráxico para toda a familia: Trujillo coñeceu a Minerva Mirabal e sentiuse atraído pola súa beleza. Foi rexeitado por Minerva en numerosas ocasións.

            A partir deste momento, foi montado sobre a familia Mirabal, e sobre todo, sobre Minerva e as súas relacións, un riguroso espionaxe, do que Trujillo en persoa era informado permanentemente. Encontrándose a dictadura nunha fase represiva xeral o 18 de maio, Minerva e Mº Teresa, foron apresadas, e sometidas á xustiza por «atentar contra a seguridade do Estado» e condenadas a cinco anos de cárcere. O 25 de novembro de 1960, Minerva e María Teresa, partiron cara Puerto Plata, rumoreábase que poderían sufrir un accidente …

            23 Setembro

            O 23 de setembro conmemórase o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos, instaurado pola Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres que tivo lugar en Dhaka, Bangladesh, en xaneiro de 1999, para celebrar a promulgación da Lei 9.143 o 23 de setembro de 1913 en Arxentina, a primeira norma legal no mundo contra a prostitución infantil. Coñecida tamén como “A Lei Palacios”, esta regulamentación marcou a culminación dunha das loitas máis resonantes da historia contra a escravización de mulleres, nenos e nenas para o exercicio forzado da prostitución.

            28 Xuño

            Grupos

            Dende o CIM promovemos o traballo en grupo como medida terapéutica e de socialización.

            ¿Que grupos temos neste momento?

            MULLEReANDO

            Naceu no 2021 co obxectivo de crear rede de mulleres cun mesmo interese, saír a camiñar e relacionarse entre elas.

            Co éxito do grupo de Arteixo xorden outras iniciativas como a de Oseiro.

            Se queres formar parte dalgúns dos grupo xa formados ou che gustaría que na túa parroquia se poña en marcha un novo contacta co CIM.

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

            O grupo de crecemento. “Entre Mulleres”

            Este grupo leva funcionando máis de 15 anos. Reunímonos unha vez o mes para falar, escoitar, reflexionar e divertirnos sobre diversos temas relacionados coa actualidade.
            Comprometémonos a respectar a diversidade de opinións e a non desvelar información compartida polas participantes.

            Se queres formar parte deste grupo a inscrición e a través do CIM.

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

             

            Ir al contenido