Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Os Servizos económicos municipais inclúen as funcións de:

  1. Intervención
  2. Tesouraría
  3. Xestión tributaria

As funcións da Intervención municipal son as de contabilidade e control interno.

A función de contabilidade comprende o desenvolvemento da contabilidade financeira e de seguimento da execución orzamentaria segundo as normas xerais e as súas normas propias. Tamén lle corresponde a inspección da contabilidade dos organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes da entidade local.

No exercicio da función, Intervención fiscaliza os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigas, os ingresos e pagos, e á recadación, investimento e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa aplicable.

No exercicio da función de control financeiro comproba o funcionamento no aspecto económico-financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedade mercantís dependentes, mediante o sistema de auditoría, para informar sobre a adecuada presentación da información financeira e o cumprimento das normas.

O control de eficacia comproba periodicamente o grao de cumprimento dos obxectivos, a análise do custe de funcionamento e o rendemento dos servizos e investimentos.

A Tesouraría Municipal realiza o control, manexo e custodia de fondos, valores e efectos; as propostas de execución de resolucións en materia de captación de recursos e da súa rendibilización e tamén exerce a xefatura dos servizos recadatorios.

O servizo de Xestión, Recadación e Inspección ocúpase de realizar as xestións encamiñadas á consecución material das liquidacións dos tributos e doutros ingresos municipais, así como das recadacións, ao tempo que procura facer efectivo o principio de xeneralidade nas cargas tributarias dos obrigados ao pagamento a través da sección de inspección tributaria.

O 11 de marzo abre o prazo do pago voluntario da taxa do lixo

Do 11 de marzo ao 15 de maio de 2024, ambos inclusive, se abre o plazo do pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao 2º semestre de 2023.

Se antes de finalizar o plazo de pago voluntario non recibise no seu domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 18 de marzo de 2024 (nos casos de domiciliación), debe poñerse en contacto có Concello de Arteixo (Telefs: 981600009), a fin de que se facilite un duplicado do recibo, xa que pasado o prazo de pago voluntario, os recibos impagados serán cobrados en vía executiva cos
recargos pertinentes.

O 15 de setembro abre o prazo do pago voluntario da taxa do lixo

Do 15 de setembro ao 20 de novembro de  2023, ambos inclusive, se abre o plazo do pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao 1º semestre de 2023.

Se antes de finalizar o plazo de pago voluntario non recibise no seu domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 22 de setembro de 2023 (nos casos de domiciliación), debe poñerse en contacto có Concello de Arteixo (Telefs: 981600009), a fin de que se facilite un duplicado do recibo, xa que pasado  o plazo de pago voluntario, os recibos impagados serán cobrados en vía executiva cos recargos pertinentes.

O 15 de marzo abre o prazo do pago voluntario da taxa do lixo

Do 15 de marzo ao 19 de maio de  2023, ambos inclusive, se abre o plazo do pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao 2º semestre de 2022.

Se antes de finalizar o plazo de pago voluntario non recibise no seu domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 22 de marzo de 2023 (nos casos de domiciliación), debe poñerse en contacto có Concello de Arteixo (Telefs: 981600009), a fin de que se facilite un duplicado do recibo, xa que pasado  o plazo de pago voluntario, os recibos impagados serán cobrados en vía executiva cos recargos pertinentes

Ir al contenido