Os Servizos económicos municipais inclúen as funcións de:
- Intervención
- Tesouraría
- Xestión tributaria
As funcións da Intervención municipal son as de contabilidade e control interno.
A función de contabilidade comprende o desenvolvemento da contabilidade financeira e de seguimento da execución orzamentaria segundo as normas xerais e as súas normas propias. Tamén lle corresponde a inspección da contabilidade dos organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes da entidade local.
No exercicio da función, Intervención fiscaliza os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigas, os ingresos e pagos, e á recadación, investimento e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa aplicable.
No exercicio da función de control financeiro comproba o funcionamento no aspecto económico-financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedade mercantís dependentes, mediante o sistema de auditoría, para informar sobre a adecuada presentación da información financeira e o cumprimento das normas.
O control de eficacia comproba periodicamente o grao de cumprimento dos obxectivos, a análise do custe de funcionamento e o rendemento dos servizos e investimentos.
A Tesouraría Municipal realiza o control, manexo e custodia de fondos, valores e efectos; as propostas de execución de resolucións en materia de captación de recursos e da súa rendibilización e tamén exerce a xefatura dos servizos recadatorios.
O servizo de Xestión, Recadación e Inspección ocúpase de realizar as xestións encamiñadas á consecución material das liquidacións dos tributos e doutros ingresos municipais, así como das recadacións, ao tempo que procura facer efectivo o principio de xeneralidade nas cargas tributarias dos obrigados ao pagamento a través da sección de inspección tributaria.
O 11 de marzo abre o prazo do pago voluntario da taxa do lixo
Do 11 de marzo ao 15 de maio de 2024, ambos inclusive, se abre o plazo do pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao 2º semestre de 2023.
Se antes de finalizar o plazo de pago voluntario non recibise no seu domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 18 de marzo de 2024 (nos casos de domiciliación), debe poñerse en contacto có Concello de Arteixo (Telefs: 981600009), a fin de que se facilite un duplicado do recibo, xa que pasado o prazo de pago voluntario, os recibos impagados serán cobrados en vía executiva cos
recargos pertinentes.
O 15 de setembro abre o prazo do pago voluntario da taxa do lixo
Do 15 de setembro ao 20 de novembro de 2023, ambos inclusive, se abre o plazo do pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao 1º semestre de 2023.
Se antes de finalizar o plazo de pago voluntario non recibise no seu domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 22 de setembro de 2023 (nos casos de domiciliación), debe poñerse en contacto có Concello de Arteixo (Telefs: 981600009), a fin de que se facilite un duplicado do recibo, xa que pasado o plazo de pago voluntario, os recibos impagados serán cobrados en vía executiva cos recargos pertinentes.
O 15 de marzo abre o prazo do pago voluntario da taxa do lixo
Do 15 de marzo ao 19 de maio de 2023, ambos inclusive, se abre o plazo do pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao 2º semestre de 2022.
Se antes de finalizar o plazo de pago voluntario non recibise no seu domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 22 de marzo de 2023 (nos casos de domiciliación), debe poñerse en contacto có Concello de Arteixo (Telefs: 981600009), a fin de que se facilite un duplicado do recibo, xa que pasado o plazo de pago voluntario, os recibos impagados serán cobrados en vía executiva cos recargos pertinentes