Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Servizos > Cultura > 30 Aniversario do certame de narracións breves Manuel Murguía

/ 30 Aniversario do certame de narracións breves Manuel Murguía

30 Aniversario

O 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do certame de narracións breves Manuel Murguía e como primeiro acto instalouse unha escultura de Dores Polo e Benito Freire na entrada do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

 

Dirección literaria

Alfredo Ferreiro Salgueiro foi nomeado director literario do Certame en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 30 de setembro de 2015. Naceu en 1969 na Coruña, onde se licenciou con grao en Filoloxía Hispánica (subsección de español). É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Ten publicado varias obras literarias, tanto en libros individuais e como colectivos. Desde os anos 90 colabora como poeta, crítico e tradutor en revistas galegas, portuguesas e españolas.

Colaboración

O Certame conta ano tras ano coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e, desde 2017, coa da Asociación Galega da Crítica, tanto na selección dos xurados como na asesoría sobre cuestións técnico-literarias.

A entrega de Premios do 34º “Certame de narracións breves Manuel Murguía” rende homenaxe a Xiradela

O pasado 16 de maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios ás 19:30 no Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía

Na entrega de Premios do 34º “Certame de narracións breves Manuel Murguía”, Alfredo Ferreiro, director literario do Certame, leu a acta do xurado en que figuraban os seguintes premiados:

• 1º premio, consistente en 4000 euros e a publicación da obra, ao relato A expedición Reynolds e a tribo dos tul’ati, presentada baixo o lema “Ariel Leira” e con autoría de Héctor Cajaraville Araújo;

• 2º premio, consistente en 2000 euros e a publicación da obra, ao relato Ser amábel, presentada baixo o lema “O fío que une as cousas” e con autoría de Inmaculada Núñez Núñez;

• 3º premio, consistente en 1000 euros e a publicación da obra, ao relato Bum, presentada baixo o lema “Pantone 422 C” e con autoría de Nerea Pallares Villar.

No acto de entrega contouse coa presenza do xurado, e en nome do mesmo Beatriz García leu a seguinte valoración: «O xurado do 34 Certame de Narracións Breves Manuel Murguía desexa facer constar a alta calidade dos relatos presentados a concurso, que se nos mostran como un síntoma da Galicia de hoxe coas súas contradicións e conflitos, entre un Aquí e un Alí, un Antes e un Agora, unha Identidade e unha Alteridade, moitas veces entrevistas como obxecto de desexo e outras como alternativas rexeitables. Neste conxunto de propostas de alta calidade destacan, en opinión unánime dos membros do xurado, as tres narracións finalistas: ”A expedición Reynolds e a tribo dos tul’ati”, “Bum” e“Ser amábel”.

Estes relatos presentan ficcións de temática variada, en clara aposta pola renovación; singularidade de estilos e diccións e narrativas tanto contemporáneas como de evocación, mais todos tres transparentan agarimo e coidado para a lingua en que están escritos, en propostas de percorrido áxil e moderno. A orixinalidade destes contos pode proceder da tipoloxía textual empregada como base para a narrativa, da que se coidan todos os detalles; dunha estrutura encadeada que xungue nun xogo irónico personaxes situados en espazos afastados ou dos fíos invisibles que van levando os lectores e lectoras dende unha cotidianeidade monótona e, polo mesmo, esmagante ata un desenlace tráxico, mais todos eles sorprenden dalgún xeito e deixan na boca, tras o remate, o sabor da boa literatura.»

Os premios, coñecéronse durante unha cerimonia que contou coa actuación da Asociación Xuvenil Xiradela. O arranxo floral do escenario foi responsabilidade mais unha vez do decorador florista Richard del Toro.

Participaron na entrega dos premios a actual Concelleira de Cultura, a señora María Dubra e o señor 1º tenente de alcalde de Arteixo José María Sánchez Novo, quen pechou o acto.

O evento incluíu tamén a personalización dunha butaca a nome da A. X. Xiradela no interior do salón de actos (co descubrimento dunha placa). Ao tempo, vislualizouse como fondo de escenario un vídeo con fotos da Asociación cedidas para a ocasión.

Tamén no mesmo acto foi valorizada que o Día das Letras Galegas de 2025 fose dedicada á poesía popular oral, e así mesmo foi entregada ao público asistente a nova edición dos últimos 9 relatos premiados no Certame, extremos que o director literario Alfredo Ferreiro presentou así:«Homenaxe ás Cantareiras Segundo a Real Academia Galega, esta institución “acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, coa que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre”. Efectivamente, tanto a poesía culta medieval como as letras das cantigas tradicionais que mañá no Día das Letras Galegas serán homenaxeadas, constitúen froitos da creatividade do noso país, no que se orixinou a primeira e máis florida poesía de toda a Península, nunha época esplendorosa en que os reis de Galicia se coroaban emperadores de España en Compostela. Nunha época en que as maiores cortes literarias promocionaban os poetas de tal modo que en galego se compoñía e en galego se cantaba desde Tui a Valencia, desde Santiago a Sevilla, desde Braga a Burgos, desde Oviedo a Toledo. E é precisamente esa tradición lírica que as nosas cantareiras, artífices musicais do corazón artístico do pobo, mantiveron viva durante séculos a pesar das prohibicións e das censuras que existiron sobre a lingua e, en consecuencia, a cultura de Galiza. Por iso para as cantoras do pobo, as conservadoras la tradición lírica galega máis auténtica, pedimos un grande aplauso que dirixiremos a quen hoxe aquí as representa: a Asociación Xuvenil Xiradela.

Presentación do libro A garza alucinada

Mais pasemos agora da literatura oral á literatura escrita, pois en Arteixo toda literatura se atende, toda se apreza, toda se ama. Apresentamos hoxe ao público arteixán un novo volume publicado cos últimos relatos premiados no noso querido Certame. O primeiro volume compilatorio que puidemos coordinar levou o título A garza insomne, coa pretensión de unir nove relatos necesariamente diversos baixo o lazo alegórico dun animal habitual nas zonas húmidas de Arteixo. A falta de sono debía entenderse como un efecto natural que as innúmeras ficcións literarias que chegaban ao longo dos anos ao Certame terían producido no noso animal, suspenso nunha permanente reflexión sobre a vida e sobre os modos innumerábeis de que podemos servirnos para contala. O segundo volume titulouse A secreta melancolía da garza, facendo alusión aos aspectos máis ocultos do feito literario, e nel vinculabamos melancolía, morriña e saudade como sendo conceptos similares que en diferentes rexistros e contextos refiren algunhas das máis reveladoras experiencias da vida. No terceiro, A garza en chamas, dabamos a entender que a pernilonga entraba en combustión a causa da saturación de Verdade que a literatura fornece, como se experimentase unha catarse flamíxera inevitábel. E xa neste cuarto, dando continuidade a este animal xa totémico que inspira, se non o Certame, ao menos as últimas edicións dos textos vencedores, presentamos A garza alucinada que, afectada pola intensidade e a profundidade das obras arribadas ao Certame, a modo de Quixote emplumado non sabe xa onde acaba a ficción e onde a realidade comeza ou, dito por outras palabras, cal é a realidade das innúmeras ficcións en que vivimos. Con ilustración de capa a cargo de Alberto Esperante, por segunda vez, e con edición de Alvarellos, quen con tanto mimo trata os nosos volumes, esperamos que desfrutedes dun novo libro en que a literatura galega máis actual se divulga e a creatividade literaria se apoia.»

Rematado o acto e feitas as fotos oficiais, ofreceuse un viño de honra como fin de festa.

Xa coñecemos os finalistas da XXXIV Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía

«A expedición Reybolds e a tribo dos tul’ati» de Héctor Cajaraville; «Bum» de Nerea Pallares e «Ser amábel» de Inmaculada Núñez son os finalistas da edición do certame de narracións breves Manuel Murguía que alcanza, neste 2025, a súa trixésimo cuarta edición.

O xurado, reunido o 26 de abril de 2025 ás 10.30 horas en dependencias do Concello de Arteixo, decidiu por unanimidade nomear estes tres finalistas. Os premios, que se coñecerñan durante a cerimonia que se celebrará o 16 de maio ás 19.30h no auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo, ascenden a 4.000€ para o primeiro; 2.000€ para o segundo e 1.000€ para o terceiro. En todos os casos inclúese ademáis a edición da obra.

No acto de entrega contaremos coa presenza do xurado, quen fará unha valoración sobre as obras premiadas así como sobre a presente edición do Certame.

No mesmo acto presentarase a publicación A garza alucinada, volume que integra os relatos gañadores nas edicións dos anos 2022-2024 e contarase coa actuación estelar da Escola de Música Tradicional da A. X. Xiradela.

Antía Yáñez por «As regras» gañadora da XXXIII Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía

O Centro Cívico de Arteixo acolliu o venres 10 de maio o acto de entrega dos premios de relato breve Manuel Murguía organizados polo concello de Arteixo.

A organización do certame presentou os finalistas durante unha cerimonia de entrega de premios que se desenrolou no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

O xurado decidiu por unanimidade premiar as seguintes obras finalistas:

As guerras pequenas, presentada baixo o lema “Chichabel” e con autoría de Clara do Roxo, que finalmente acadou o terceiro posto do certame.

Eivas, presentada baixo o lema “Isaac Ferguson” e con autoría de Óscar Reboiras, segundo posto.

As regras, presentada baixo o lema “Cardeñoso” e con autoría de Antía Yáñez, que foi a gañadora.

Os premios, que se coñeceron durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000€ e a edición da obra para o primeiro, 2000€ e a edición da obra para o segundo e 1000€ e a edición da obra para o terceiro.

No acto de entrega o xurado fixo unha valoración sobre as obras premiadas así como sobre a presente edición do certame do que destacaron «que nesta edición se teña contado cun grande número de relatos de calidade. Tamén queremos resaltar unha importante heteroxeneidade de estilos, a variedade dos temas a tratar e a orixinalidade no tratamento dos mesmos.”
XXXA ceremonia contou coa actuación musical de Paty Lestae unha lembranza da escritora Luisa Villalta(autora homenaxeada no Día das Letras Galegas).

XXXIII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

No marco do centenario do pasamento de Don Manuel Murguía, aclamado patriarca das nosas letras, o Concello de Arteixo convoca o seu certame literario anual, que se rexerá polas Bases publicadas no B.O.P. número 198 do 17 de outubro de 2023, e que pasamos a resumir:

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán tamén ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.

  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.

  • O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2.024.

  • Non se admitirá máis de unha obra por autor/a. Deberá enviarse sen remite e facendo constar no sobre “33º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” ao seguinte enderezo:

    Concello de Arteixo
    Praza Alcalde R Dopico nº 1
    15142 Arteixo
    A Coruña

  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.

  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.

  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable o 10 de maio de 2024. Adoptará os acordos por maioría de votos e reservarase o dereito de declarar desertos todos ou algúns dos premios se as obras presentadas non reuniran os méritos suficientes.

Os tres finalistas deberán estar presentes o día 10 de maio de 2.024 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.

Unha «Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta» gaña a XXXII Edición do certame Manuel Murguía

«Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta» é o título que ven de gañar a XXXII Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía. A obra,  presentada baixo o lema “Unha historia posible”, é de Roberto Rodríguez González obtén, un premio de 4.000€ e a edición da mesma. O premio, por causas xustificadas, recolleuno, en nome do gañador, Anxo Sánchez.

O xurado, que decidiu os premios por maioría, estana composto por Ana Cabaleiro López, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Esperanza Luz Mariño Davila, representante da Asociación Galega da Crítica; José Ignacio Silva Regueira, primeiro premio na 31ª edición; e  Alfredo Ferreiro, director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto.

O segundo premio outorgouse a Levidade, presentada baixo o lema “Etérea” e con autoría de Agustín Agra Barreiro, que contou coa seguinte dotación: 2000€ e a edición da obra;

O terceiro premio para Endodoncias, presentada baixo o lema “Paki” e con autoría de Inmaculada Núñez Núñez, que contou coa seguinte dotación: 1000€ e a edición da obra.

Os premios, elixidos entre 55 concorrentes, coñecéronse durante unha cerimonia que presentou Alfredo Ferreiro e contou coa arte musical de Mónica de Nut (acompañada de Luís Martíns) á volta do seu último traballo Raíces aéreas. O arranxo floral do escenario, acorde coa temática do disco da artista, foi responsabilidade do decorador florista Richar del Toro.

Ademais de contar para a entrega dos premios coa Concelleira de Cultura, a señora Ana Bello Vázquez, no evento ofreceron unha intervención específica o señor Xurxo Couto, deputado de Cultura na Deputación da Coruña, e o señor Carlos Calvelo Martínez, Alcalde de Arteixo, quen pechou o acto non sen antes facer unha mención ao meritorio labor de Ana Bello á fronte da Cultura nos últimos oito anos de goberno.

O evento, que foi iniciado pola petición ao público dun minuto de silencio na memoria de D. Arsenio Iglesias, personalidade arteixá do deporte de fama internacional falecida neste mesmo día, incluíu ademais unha lembranza da figura de Francisco Fernández del Riego, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Tamén houbo espazo para facer unha referencia laudatoria da artista do trofeo deste ano, Ana Novo, artesá arteixá encarregada de facer unha peza exclusiva realizada en cerámica e decorada con engobes e esmaltes.

A Organización, en palabras do Alcalde, agradeceu a participación das autoras e autores galegos nesta edición e o director literario completou os agradecementos nomeando a inestimable colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica, así como recoñecendo o alto nivel de compromiso profesional do Servizo de Cultura do Concello, feitos que contribúen sen dúbida a fortalecer o rigor do Certame e o seu prestixio no contexto sistema literario galego.

Rematado o acto e feitas as fotos oficiais, ofreceuse un viño de honra como fin de festa.

 

Gañandores da XXXII Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía

Comunicamos os premiados do certame de narracións breves Manuel Murguía do concello de Arteixo. Adxuntamos tamén fotos do gañador, Roberto Rodrígguez (ausente da entrega debido a que estaba fóra do país), e dun momento da actuación de Mónica de Nut, que actuou durante o desenrolo do evento:

3º premio: dotado con 1.000,00 € e a edición da obra ao relato Endodoncias presentado baixo o lema Paki e que corresponde a Inmaculada Núñez Núñez (natural de Rubiá-Ourense).

2º premio: dotado con 2.000,00 € e a edición da obra ao relato Levidade, presentado baixo o lema Etérea e que corresponde a Agustín Agra Barreiro (natural de Noia).

1º premio: dotado con 4.000,00 € e a edición da obra ao relato Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta presentado baixo o lema Unha historia posible e que corresponde a Roberto Rodríguez

Maio trae unha nova edición da programación cultural adicada a Manuel Murguía

A Concellería de Cultura programa para o mes de maio unha serie de actividades culturais enmarcadas na XXXII Edición do Certame de Narracións Breves adicado a Manuel Murguía.

A programación, que comeza o próximo 5 de maio, inclúe concertos e exposicións ademáis das tradicionais ofrende floral ante o monolito adicado ao patriarca; e a entrega de premios ao gañador do XXXII certame de narracións breves terá lugar o 5 de maio ás 20.30 h no auditorio do Centro Cívico de Arteixo.

A programación completa pódesde consultar neste enlace.

O prazo de presentación de orixinais para a nova edición do Certame Manuel Murguía finaliza o 31 de xaneiro

O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar o noso Patriarca, convoca en 2021 o 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía:

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos polas dúas caras con letra Arial, corpo 12, con dobre espazo interlineal e tamaño DIN A4.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
  • O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2.023.
  • Non se admitirá máis de unha obra por autor/a. Deberá enviarse sen remite e facendo constar no sobre “32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” ao seguinte enderezo:Concello de Arteixo
    Praza Alcalde R Dopico nº 1
    15142 Arteixo
    A Coruña
  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.
  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable o 5 de maio de 2023. Adoptará os acordos por maioría de votos e reservarase o dereito de declarar desertos todos ou algúns dos premios se as obras presentadas non reuniran os méritos suficientes.
  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día 5 de maio de 2.023 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.

O Documento completo das bases pode consultarse neste Triptico ou no B.O.P. de 25 de novembro de 2022

O Concello convoca e da a coñecer as bases dunha nova edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

Convocado o 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar o noso Patriarca, convoca en 2021 o 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía:

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.

  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos polas dúas caras con letra Arial, corpo 12, con dobre espazo interlineal e tamaño DIN A4.

  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.

  • O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2.023.

  • Non se admitirá máis de unha obra por autor/a. Deberá enviarse sen remite e facendo constar no sobre «32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía» ao seguinte enderezo:

    Concello de Arteixo
    Praza Alcalde R Dopico nº 1
    15142 Arteixo
    A Coruña

  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.

  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.

  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable o 5 de maio de 2023. Adoptará os acordos por maioría de votos e reservarase o dereito de declarar desertos todos ou algúns dos premios se as obras presentadas non reuniran os méritos suficientes.

  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día 5 de maio de 2.023 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.

 

Para ler TODAS AS BASES debe consultarse este documento o  ou o B.O.P. de 25 de novembro de 2022

Descarrela o Modelo de declaración responsable

Ir al contenido