1888. Señorita Xulia é unha historia de paixón, violencia, inocencia e amor que pon sobre o escenario Estudo Momento en co-producción co Concello de Arteixo.
Adaptación do clásico de August Strindberg é un compromiso co feminismo no que Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares, sobre o escenario, rescatan un clásico que pretende afondar na tarefa de construir un futuro mellor no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por elas mesmas.
A cita, este venres 11 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cívico Cultural
Venda de entradas no despacho de billetes o propio día da función de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo