Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Saídas a cabalo e lettering, ofertas de Xuventude para o mes de abril

/ Saídas a cabalo e lettering, ofertas de Xuventude para o mes de abril

Unha saída a cabalo e un novo obradoiro de letterin son as propostas do Departamento de Xuventude para o próximo mes de abril.

As actividades, o 3 e 4 de abril, son para mozos e mozas de 12 a 30 anos e teñen un custe de 10 euros, no caso do Lettering; e de 5€ no caso da saída a cabalo.

O lettering terá lugar o 3 de abril na aula do campo de fútbol de herba artificial  de Arteixo.

A saída a cabalo, o 4 de abril, sairá ás 11.30h da parada o autobús da Oficina de Turismo e terá unha duración de unha hora e media.

As inscricións, en ambos casos, deben de se formalizar entre o 23 e o 28 de marzo na oficina de Xuventude ou  a través deste formulario.

O periodo para pagar será do 30 ao 31 de marzo. Na  inscrición das actividades terán preferencia as persoas empadroadas en Arteixo.

Ir al contenido