O Auditorio CCC Arteixo Manuel Murguía acolle este venres 11 de abril a representación da obra O pequeno poni, unha das actividades destacadas da programación de Primavera das Artes. A función, que terá lugar ás 20:30 horas, está dirixida ao público adulto e ofrece unha reflexión profunda sobre a realidade da violencia escolar desde a perspectiva dunha neno.
A obra está baseada nun texto de Paco Bezerra e conta cunha dirección e adaptación de Álex Sampayo. O espectáculo aborda a historia de Luismi, un neno de nove anos que, ao ir á escola cunha mochila da súa serie de debuxos animados favorita, O meu pequeno poni, acaba sendo vítima de burla, vexacións e unha violencia cada vez máis brutal por parte dos seus compañeiros.
A entrada para asistir ao espectáculo será de 4 € e 3 € (con desconto)