Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Protocolo para asistir á verbena protagonizada por Los Satélites

/ Protocolo para asistir á verbena protagonizada por Los Satélites

O Concello poñerá 1000 entradas a disposición dos veciños o próximo 7 de xuño. Haberá que recollelas na Billeteira do Centro Cívico e Cultural en horario de 9 a 14 ata completar a capacidade máxima do recinto.

Haberá un control e rexistro exhaustivo das persoas asistentes polo que, no momento de retirar as invitacións deberanse proporcionar o nome , apelidos, DNI e teléfono de contacto dos asistentes. Non se admitirán reservas e haberá un máximo de invitacións que poderá retirar cada persoa.

O día da actuación, para acceder ao recinto, os asistentes deberán de acreditar a súa identidade co seu DNI ou documento equivalente.

A verbena, o día 19,  terá lugar no Campo Municipal Ponte dos Brozos, na Avenida de Arsenio Iglesias, a partir das 21 h.

Teléfono de contacto da billeteira para +INFO: 981659132
Ir al contenido