O Concello poñerá 1000 entradas a disposición dos veciños o próximo 7 de xuño. Haberá que recollelas na Billeteira do Centro Cívico e Cultural en horario de 9 a 14 ata completar a capacidade máxima do recinto.
Haberá un control e rexistro exhaustivo das persoas asistentes polo que, no momento de retirar as invitacións deberanse proporcionar o nome , apelidos, DNI e teléfono de contacto dos asistentes. Non se admitirán reservas e haberá un máximo de invitacións que poderá retirar cada persoa.
O día da actuación, para acceder ao recinto, os asistentes deberán de acreditar a súa identidade co seu DNI ou documento equivalente.
A verbena, o día 19, terá lugar no Campo Municipal Ponte dos Brozos, na Avenida de Arsenio Iglesias, a partir das 21 h.