Arteixo celebra un ano máis o Día Mundial da Danza, unha data que desde 1982 trata de lembrar, cada 29 de abril, o nacemento de Jean-Georges Noverre, creador do ballet moderno.
A Concellaría de Cultura quere render homenaxe a esta arte escénica cunha proposta cultural que pretende achegar a danza contemporánea a todo tipo de públicos.
Será o venres 28 de abril ás 20:30 h no Auditorio do CCC de Arteixo coa posta en escena de «The great Greta», un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para propoñer «unha oda á xente rara», que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual.
As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de “The Great Greta” sorprendan a toda clase de público.
As entradas, a 3 e 2,25 € pódense adquirir neste enlace.