A Capela do Balneario acolle este venres 6 de setembro o espectáculo de marionetas «Xela contra o dragón Traga-Verbas» de Títeres Cachirulo.
Trátase dun espectáculo adicado ao público infantil, a partir de 4 anos, que trata a importancia do uso cotiá da lingua galega e da conservación da nosa identidade.
Será a partir das 18.30h con invitación que pode adquirirse online neste enlace ;ou 1 hora antes da función na Capela até completar a capacidade da sala (60 localidades). O número de invitacións limitarase a 2 por persoa.