Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os máis novos da Orquetra Sinfónica de Galicia volven a traer a música a Arteixo

/ Os máis novos da Orquetra Sinfónica de Galicia volven a traer a música a Arteixo

Arteixo volverá a disfrutar o sábado 9 de abril dos concertos extraordinarios do Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Será ás 19:00 h no Auditorio do CCC de Arteixo. Entrada con invitación que se poderá recoller unha hora antes do concerto na billeteira do Centro Cívico.

O Corno Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia, creado no ano 2005, supón a posta en marcha do último dos proxectos vogais de Son Futuro, tras a consolidación do Coro e dos Nenos Cantores da OSG.

Dende entón participaron en varios proxectos coa Sinfónica de Galicia, entre os que destacan Carmina Burana de Orff ou La tabernera del puerto de Sorozábal. Ademais de colaborar nos concertos co Coro e a Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade concertos en solitario en diferentes localidades por toda Galicia, como é neste caso.

Formado por 35 mozas/os de entre 13 e 21 anos, esta agrupación representa a ponte coral entre o Coro de Nenos e o de adultos da OSG.

Actualmente asume a dirección musical Daniel García Artés e conta como director artístico con Joan Company

Estes son os temas que interpretarán no concerto de Arteixo:
Media Vita – Michael Mcglynn
A Joyful Alleluia – Gordon Young
Kyrie en Re menor K.90 – W. A. Mozart
Ave María – Julio Domínguez
O Sacrum Convivium – Luiggi Molfino
Canones: This women, Under this stone – Henry Purcell
Con amores a mi madre – J. De Anchieta (arr. Bob Chilcott)
When you wish upon a star – Leigh Harline (arr. Daniel G. Artés)
Lela – arr. Julio Domínguez
Cinema Paradiso – Ennio Morricone (arr. Daniel G. Artés)
One Day More – Claude-Michel Schönberg (arr. Mark Brymer)
Man in the mirror – Michael Jackson (arr. Daniel G. Artés)
Seasons of love – Jonathan Larson
El Ciclo de la Vida – Elton John (arr. Daniel G. Artés)

 

Ir al contenido