A programación cultural de inverno trae este venres 27 de xaneiro a posta en escea de «Vox Pópuli» que chega a Arteixo unha semana despois da súa estrea no circuito galego.
A cargo de Malasombra Produccións «Vox Pópuli» reflexiona sobre o poder e os discursos populistas a través da música. Haberá sobre o escenario doce actrices, actores e músicos que interpretarán temas con música e letra orixinais.
A cita, ás 20.30h no Centro Cívico de Arteixo. Trátase dun espectáculo para público adulto con entradas a 6 e 4’50€