Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O xurado do Manuel Murguía da a coñecer os finalistas da súa XXXII edición

/ O xurado do Manuel Murguía da a coñecer os finalistas da súa XXXII edición

Inmaculada Núñez con «Endodoncias»; Agustín Agra con «Levidade»; e Roberto Rodríguez con «Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta» son os finalistas da XXXII Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía. 

É a decisión adoptada polo xurado composto por Ana Cabaleiro López, proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Esperanza Luz Mariño Davila, proposta pola Asociación Galega da Crítica; José Ignacio Silva Regueira, gañador do 31º Certame; e Alfredo José Ferreiro Salgueiro, director literario do Certame.

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia de entrega de premios o próximo 5 de maio, son de  4.000€ e a edición da obra para o primeiro, 2000€ e a edición da obra para o segundo e 1000€ e a edición da obra para o terceiro.

O acto de entrega ofrecerá ademais a actuación musical de Mónica de Nut, baseada no seu traballo «Raíces Aéreas»; e unha lembranza do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Finalizado o acto, o Concello ofrecerá aos asistentes un viño de honra.

 

Ir al contenido