A Concellería de Cultura retoma o venres 30 de setembro a súa habitual programación teatral.
O Centro Cívico de Arteixo acollerá a partir das 20.30h a posta en escena do «Último verán en Santa Cristina», unha obra dirixida por Eduardo Alonso a cargo de Teatro do Noroeste. As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.
O custo da entrada é de 4 e 3 € e pódese mercar mañá en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do comezo da función.