«A lúa vai encuberta» foi a gañadora do certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Dirixida por Tito Asorey xira ao redor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, comparándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está a ser, ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
O espectáculo, o venres ás 20.30h, é unha coproducción do grupo Indenciaria e A Quinta do Cuadrante e está recomendado para maiores de 16 anos.
As entradas pódense adquirir o propio día da función de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do comezo da función.