Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O teatro local de Faíscas pon o punto e final á edición 2021 do Outono Cultural

/ O teatro local de Faíscas pon o punto e final á edición 2021 do Outono Cultural

O grupo de teatro da Asociación Cultural Faíscas, dirixido por Xavier Ramilo, estrea este venres 17 de decembro ás 20:00 h no Auditorio de Arteixo a súa nova obra «Operación Coroa- un golpe moi real«.

Comedia en ambiente de bar no que coñeceremos ás tribulacións, soños e plans delictivos de Nora, Marica e Rosiña.

A AC Faíscas son un grupo de mulleres, todas elas de Arteixo, que leva case 20 anos ofrecendo espectáculos teatrais cómicos para toda a familia así como colaborando en diferentes eventos promovidos pola Concellaría de Cultura como a Mostra de Teatro Afeccionado e facendo animacións de rúa no Entroido ou na Feira Histórica Arteixo 1900.

Para poder asistir como público deberase recoller a invitación 1 h antes da función ata completar a capacidade da sala que as autoridades sanitarias permitan.

Ir al contenido