Estrela do Día é unha omedia divina, sobre os milagres de Santa María, chea de cor, de música, de misterio e de moito humor.
Protagonizan, sobre un texto de Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez.
Chega a Arteixo este venres 1 de outubro, a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes e como primeira parada do Outono Cultural 2021.
As entradas, con invitación, pódense recoller 1 h antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo.