Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O outono trae de volta os talleres de coidadoras do CIM

/ O outono trae de volta os talleres de coidadoras do CIM

/ O outono trae de volta os talleres de coidadoras do CIM

O obxectivo é ser un apoio puntual de cara a mellorar a calidade de vida das coidadoras de maiores, menores ou peroas con discapacidade,; e minimizar as problemáticas nas tarefas de coidado e tamén proporcionar un tempo de espazo propio para elas.

A concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do concello de Arteixo, a través do CIM e coa colaboración de Fundación Mujeres, pon en marcha varios talleres dirixidos a mulleres coidadoras.

Máis do 80% das persoas coidadoras son mulleres. Fillas, esposas ou nora. Os coidados de persoas dependentes afectan á saúde física, psicolóxica e ó benestar social das persoas coidadoras.

Serán oito sesións adicadas a diversas temáticas.

– Taller de cómo poñer límites

– Taller de corresponsabilidade

-Taller de relaxación e conciencia corporal

-Taller de proxecto vital persoal

-Taller de uso do móbil

-Espazo de participación sobre a prevención de acoso na rúa

Todos os talleres levaranse a cabo no centro de A Baiuca os xoves en horario de 16 a 18 h

Comezan o 5 de outubro e o prazo para inscribirse finaliza o próximo 2 de outubro.

Máis información no 981 612811 ou en muller@arteixo.org

Folla de inscrición

Ir al contenido