Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Outono cultural encherá de música, teatro e danza os últimos meses de 2024

/ O Outono cultural encherá de música, teatro e danza os últimos meses de 2024

A Concellería de Cultura desenvolverá nos próximos meses un amplo abanico de actividades que completan a programación do Outono Cultural. Serán 22 actuacións e 4 exposicións que ce centrarán principalmente no Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. 

A música chega da man de concertos protagonizados por artistas xa consagrados no Folk tradicional galego comoBudiño e outros emerxentes como son Fillas de Cassandra, Ninghures e Amoebo. Tradición musical e oral fusionada con ritmos modernos, feminismo e reivindicacións efervescentes acompañados dunha coidada e brillante posta en escena.

A danza tamén terá o seu espazo da man da compañía de Fran Sieira acompañado de 7 bailadoras/es que presentará o seu novo espectáculo Ceibe3unha peza que cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas. E para a rapazada un orixinal espectáculo que mestura ópera e breakdance con Vella Escola.

En representación da escena galega teatral contaremos con Ibuprofeno Teatro e a súa orixinal e divertidísima Deadpan Karaoke, unha peza que fará cantar ao Auditorio ao completo e facer cuestionar ao público sobre o sentido do amor na sociedade actual. A que tamén nos fará reflexionar será Esther Carrodeguas, de Butacazero, en clave de humor con «O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada», un espectáculo que aborda a problemática da gordofobia. Tamén contaremos con compañías de fóra de Galicia como a madrileña Tropos, que con 20 anos de traxectoria profesional no teatro de monicreques, ofrecerannos unha delicada e fermosa versión de «La ratita presumida».

O talento local tamén ten cabida nesta programación dentro daXIX Mostra de Teatro Afeccionado. A Escola de Teatro Melandrainas representará un clásico do teatro español «Un marido de ida e volta» a través do seu grupo de teatro Pasapadentro ao igual que a Asociación Cultural Faíscas coa comedia «A pousada da pantasma coxa«, así como outros grupos de teatro amateur da Coruña como son Ditirambo, Portas Abertas e Alexandre Bóveda Teatro.

A música arteixá tamén estará presente cun concerto predecido por un pasacalles o sábado 2 de novembro a cargo da Banda de Música Santiago de Arteixoque organizaXXI Encontro de Bandas e pola súa parte o Orfeón de Arteixo encargarase dos Encontros musicais na honra a Santa Icía o sábado 23 de novembro.

Ir al contenido