Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello únese á Fundación Rosalía na celebración do XXXI Edición do Certame de narracións Breves Manuel Murguía

/ O Concello únese á Fundación Rosalía na celebración do XXXI Edición do Certame de narracións Breves Manuel Murguía

Rosalía, Murguía e Arteixo é un programa de actividades que conxuntamente realizarán a Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Arteixo para celebrar a convocatoria da 31 edición do Certame de narracións Breves Manuel Murguía.

Os actos comezarán este mércores, 17 de novembro, coa conferencia de Xosé Luís Axeitos, historiador e académico: «Murguía: de Arteixo a pedra fundacional do galeguismo. 110 anos da súa Historia de Galicia. Realizarase no IES Manuel Murguía e estará dirixida ao alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.

O 29 deste mes, realizarase a plantación dunha filla da Figueira de Rosalía (árbore monumental e senlleira dos tempos de Rosalía) no entorno do Centro Cívico Cultural.

Outro dos actos programados para o mesmo día é a presentación dos libros «Cartas a Murguía (1886-1923)» e «IV Correspondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas» de Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro, coa presenza de Axeitos e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No mesmo acto, terá lugar unha doazón de 25 exemplares dos devanditos libros ao Concello de Arteixo.

Finalizará o evento coa presentación das bases da convocatoria da 31 edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía polo seu director literario Alfredo Ferreiro e as autoridades locais presentes.

Ir al contenido