O obxectivo é que ambos xacementos podan visitarse próximamente a través de sendas peonís que os conecten con Arteixo e Pastoriza
O Concello acaba de recepcionar, de Malde Arqueoloxía, os proxectos arqueolóxicos necesarios para expropiar e revalorizar os castros de Laxobre e Pastoriza que nos próximos meses pasarán a ser de titularidade municipal.
O executivo, despois de adquirir os terreos, procederá á limpeza vexetal da zona e realizará un estudo topográfico con xeorradar e se instalará a sinalética necesaria para informar aos visitantes acerca das características dos xacementos. O obxectivo é unir ambos castros a través de sendas peonís que percorran o camiño entre os núcleos urbanos de Arteixo e Pastoriza cos xacementos.
Será unha intervención moi suave para non danar os restos que se atopan no lugar. O obxectivo do concello é revalorizar os dous enclaves para que a veciñanza poda pasear preto deles e dar a coñecer o asentamento a quen o desexe.
Transcribimos unha parte dos proxectos arqueolóxicos dos dous castros realizado por Malde Arqueoloxía: “Proponse unha intervención que contempla a limpeza vexetal dos predios dos dous castros, o despexe dos seus acesos, unha prospección con xeorradar (técnica non destrutiva nen invasora) e unha información en forma de sinalética. A pesar dos emprazamentos característicos e da proximidade a núcleos urbanos, a cuberta vexetal ocultan os castros e dificultan a súa identificación e visita. A limpeza dos castros posibilitará delimitar e facer que sexan facilmente recoñecíbeis os distintos espazos que configuran o xacemento arqueolóxico, que agora se atopan ocultos polo mato. A recuperación dos castros posibilitará seu uso social e que os visitantes poidan acceder de xeito cómodo e seguro aos mesmos”.
Respecto ao castro de Laxobre, Malde Arqueoloxía indica que “o castro localízase na parroquia de Santiago de Arteixo. Está emprazado no cume dun outeiro a 98 metros sobre o nivel do ma, ao pé do esteiro de Sabón, nun interfluvio montañoso que separa aos ríos Arteixo e dos Comares e divide as parroquias de Arteixo e Morás”.
Por outra parte, Malde tamén sinala que “o castro de Pastoriza sitúase nas parroquias de Pastoriza e Suevos (Arteixo), ocupando todo o cume dun outeiro que acada unha altura de 242 metros sobre o nivel do mar, e que forma parte dun cordal montañoso. O Monticaño (lixeiramente máis alto) impide a vista para o Norte. O castro está orientado para a zona que ocupa o núcleo de Pastoriza (Sul), as agras de Rañobre e a zona litoral de Sabón (Este)