Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello, en contra do proxecto de parque eólico pon a disposición dos veciños unha alegación tipo

PUBLICACIÓN

O Concello, en contra do proxecto de parque eólico pon a disposición dos veciños unha alegación tipo

9 Jun, 2022 | NOTICIAS, TABOLEIRO DE ANUNCIOS

O Concello pon a disposición dos veciños unha alegación tipo contra a instalación do proxecto de parque eólico de Santa Leocadia. O executivo local tamén elaborará unha serie de informes técnicos sobre a viabilidade deste parque que tamén presentará en tempo e forma.

A alegación poderá enviarse ata o próximo 4 de xullo.

O concello sinala que “parte do parque semella estar fora dos limites recollidos no Plan Sectorial, polo tanto, poderíase estar incumprindo o recollido na Lei” e sinala que “o ámbito no que se pretende construír o parque eólico, se ben trátase dun solo rústico, atópase nunha contorna significativamente antropizada”.

Entre os inconvintes que esgrime o concello está o incumprimento da normativa medioambiental porque “a totalidade do Concello de Arteixo está incluído na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.Tamén advirte a alegación que “ as actuacións previstas no Proxecto construtivo do parque eólico de Carboeiro afectan á morfoloxía da paisaxe, ó contexto dos bens obxecto de protección”.

«O impacto visual dos aeroxeneradores é evidente tanto a nivel paisaxístico como respecto ó núcleo rural tradicional de Santa Locaia”, e outro dos argumentos á vez que expóñense os perxuizos acústicos : “Resulta relevante facer mención á contaminación acústica e os seus efectos de Santa Locaia, polo impacto na vida cotiá dos residentes é o risco que supón de cara á perda de poboación e degradación da paisaxe circundante”.

“Respecto do expresado no Proxecto do parque de Carboeiro sobre a creación de postos de traballo, non se desenvolve esta cuestión, nin se identifican os postos de traballo directos, indirectos ou inducidos, nin os beneficios que dito impacto xerará na contorna directamente afectada”, explica en la alegación.

Ir al contenido