Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello e a Federaciòn Galega de Dano Cerebral únense na sensibilización e prevención desta enfermidade

/ O Concello e a Federaciòn Galega de Dano Cerebral únense na sensibilización e prevención desta enfermidade

O Concello de Arteuxo e FEGADACE poñen en marcha unha actividade, enmarcada no ciclo «Saúde das mulleres»,  encamiñada a sensibilizar e previr o dano cerebral e coincidindo co día Internacional do Dano Cerebral Adquirido

A actividade informativa diríxesea todo tipo de público e abordará, entre outras, a prevención das principais causas do dano cerebral: o ictus, que está detrás do 78% dos casos; e os accidentes de tráfico.

A charla tratará de forma especial a repercusión que ten para as mulleres, xa que trátase da primeira causa de morte entre a poboación feminina. Tamén se centrará no modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao concello de Arteixo: a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO.

A charla será o día 26 de outubro, no Auditorio do Centro Arteixo Innovación, ás 17.30h. É preciso realizar inscrición previa no CIM (Avda. do Balneario, 10- baixo- 981601415) ou no enderezo muller@arteixo.org.

A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello de Arteixo e da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

 A Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos , destaca  a importancia do traballo e esforzo das entidades que traballan no día a día para poder atender as necesidades das persoas afectadas e as súas familias. Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

 

 

 

Ir al contenido