Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O concello de Arteixo e Corporación Hijos de Rivera asinan un convenio de colaboración co obxectivo de desenvolver actividades socioculturais en común

/ O concello de Arteixo e Corporación Hijos de Rivera asinan un convenio de colaboración co obxectivo de desenvolver actividades socioculturais en común

O concello de Arteixo e a Corporación Hijos de Rivera acaban de asinar un convenio de colaboración que ten como principais obxectivos a organización de actividades socioculturais e de promoción da imaxe do municipio.

O convenio foi asinado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e o director xeral da Corporación, Francisco Ucha.

O acordo servirá para oficializar unha colaboración que xa viña realizando con actividades celebradas no concello como o Mercado da Colleita ou a organización de concertos puntuais; e tamén para ampliar esas actividades de carácter sociocultural con novos proxectos que reforcen a oferta de eventos do concello e sirvan para promocionar a imaxe do municipio no exterior.

O convenio permitirá que a Corporación Hijos de Rivera colabore co Concello tanto con achegas económicas directas como coa organización de eventos que xa viñan realizando no concello como o Mercado da Colleita. O obxectivo é ampliar a colaboración mantida ata o de agora con novos proxectos.

O concello de Arteixo reforza así a súa aposta polas sinerxias coas empresas asentadas no concello, como en leste caso Corporación Hijos de Rivera, que se instalou no polígono de Morás cunha nova fábrica de cervexa. O alcalde Carlos Calvelo sinalou sobre este acordo que “Arteixo presume de ser un concello industrial e de albergar no seu termo municipal algunhas das mellores empresas de España, como é o caso da Corporación Hijos de Rivera”. “Este tipo de acordos ofrécennos un marco legal para ampliar a nosa colaboración co noso tecido empresarial, e ofrecer aos nosos veciños máis servizos a través dunha relación máis directa coas empresas”, engadiu.

Ir al contenido