Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O Concello comeza a construcción dunha nova senda peonil dende a zona escolar ata O Rañal

logo

Inicio > O Concello comeza a construcción dunha nova senda peonil dende a zona escolar ata O Rañal

Terá 900 metros de lonxitude e o seu coste é de 335.000 euros

A empresa Ogmius,adxudicataria do contrato por 335.000 €, comezou hoxe as obras dunha senda peonil de 900 metros de lonxitude que nace na rotonda ubicada ao carón do IES de Sabón e discorre pola marxe esquerda da Avenida de Arsenio Iglesias ata chegar á travesía de O Rañal. Serán 9 meses de actuación.

Os traballos serven para unir peonilmente a Avenida de Arsenio Iglesias co núcleo e a praia de O Rañal despois de que xa se construiran beirarrúas na intersección de O Rañal e ata as sendas da zona escolar.

A obra require un desbroce previo da cuneta da estrada e a construcción da acera. Nalgúns tramos, a empresa que realice a obra deberá levantar un muro de contención en varios tramos para consolidar o terreo.

Ata o de agora os peóns estaban obrigados a transitar polo arcén neste tramo de 900 metros, un problema que tamén resolverá esta obra que permitirá chegar á zona escolar e ao paseo fluvial do Río Bolaños. A nova beirarrúa medirá dous metros de ancho.

O proxecto destaca que esta rúa «non ten zona delimitada para o tránsito peonil» e que o onxectivo da actuación é que os paseantes dispoñan dun espazo seguro e cómodo polo que camiñar.

Hai unhas semanas que o concello finalizar na mesma avenida a instalación de pasos de peón sobreelevados co obxectivo de reducir a velocidade dos vehículos na principal zona escolar e deportvia do concello.

 

Ir al contenido